Estes xardíns atópanse nunha zona elevada da cidade, desde onde se poden ver unhas boas vistas panorámicas da ría e dos Arsenais. A praza onde se atopan fai de límite entre os dous principais barrios da cidade: Ferrol Lanuxe (zona vella) e A Madalena. Xustamente enfronte deste parque atópanse o Parador de Turismo e a Igrexa de San Francisco.
Obelisco de Churruca
Monumento en lembranza aos heroes da Batalla de Trafalgar. Inicialmente foi unha fonte coroada por unha urna funeraria, que estivo situada anteriormente na Praza de Armas e logo foi trasladada aquí.
Estatua de Júpiter
É xunto coa estatua de Marte a máis antiga da cidade.
Estatua de Marte (o que queda dela)
Cómo podemos apreciar na imaxe o vandalismo fixo mella.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario