Cardamina ou Berro de prado,(Cardamine pratensis)
A Cardamina ou Berro de prado é unha planta que adoita alcanzar unha altura duns 20 ou 30 cm. aproximadamente cun talo oco e sen pelos. As follas da roseta basal son imparipinnadas con 3 a 5 foliolos redondeados, as follas do talo son alongadas. As flores forman un ramallete no alto; normalmente son de cor lila, aínda que poden variar cara ao branco ou o violeta.
Pódese comer, aínda que o seu sabor é lixeiramente amargo, emprégase principalmente en curas de primavera para depurar o organismo, ben sexa fresca en ensalada ou en infusión.
Recóllese a principios da floración e sécase en gavelas nun lugar sombreado.

No libro "El Gran Libro de las Plantas Medicinales" (M. Pahlow), sae publicada a seguinte receita; Se mestura nun batedor 1/8 litro de leite, unha mazá partida con pel e sen corazón, o zume dun limón e tres laranxas, 20 gr. de follas de Cardamina, e se engade unha cullerada de mel.
http://es.wikipedia.org/wiki/Cardamine_pratensis
http://www.vivelanaturaleza.com/botanica/BerroDePrado.php

0 comentarios:
Publicar un comentario