Concello de Ferrol (1953)
Edificio Casa Romero
É un dos edificios máis emblemáticos e maxestuosos do modernismo ferrolán, a súa principal característica é o gran número de xanelas e miradoiros da fachada, destacando o miradoiro en esquina. O edificio é obra do arquitecto Rodolfo Ucha en 1910
Edificio Casa Rodríguez Trillo
Este edificio ocupa dúas parcelas, unha a rúa Dores ,77 e a outra á Rúa Real. É un claro expoñente do Ferrol modernista e asi como unha das fachadas presenta as típicas galerías, a outra ofrece balcóns graduados. Súa principal característica son as fortes cores das fachadas que contrastan co branco dos balcóns e galerías. A casa é obra o arquitecto Rodolfo Ucha, entre os anos 1914 e 1916.
Hotel O Suízo
Atópase en pleno centro de Ferrol, na peonil rúa Dores cruce coa rúa Sánchez Barcázteigui, no barrio da Madalena, rodeado dos principais comercios. Destaca súa impoñente fachada, que fai esquina, pois o edificio é a antiga Fonda Suíza, e pertence á ruta do modernismo ferrolán.
Foi deseñado por Rodolfo Ucha entre 1909 e 1910. A súa fachada chama a atención polas súas varandas de forxa e os seus motivos decorativos de pedra.
Foi deseñado por Rodolfo Ucha entre 1909 e 1910. A súa fachada chama a atención polas súas varandas de forxa e os seus motivos decorativos de pedra.
Edificio Casa Antón
É un dos edificios típicos e característicos do barrio da Madalena, que nos seus inicios foi unha vivenda unifamiliar, pero logo foi convertido en colexio infantil das Discípulas.
Foi deseñado por Rodolfo Ucha no ano 1.918. Ten tres plantas e está precedido por unha pérgola de entrada e un xardín (utilizado como patio de recreo dos alumnos). A fachada chama a atención polo seu miradoiro hexagonal en esquina, de cor granate, formando unha particular galería.

Mercado da Madalena
Coñécese como "A Pescadería" o pavillón do Mercado da Madalena dedicado á venda do peixe, obra modernista do arquitecto Ucha en 1923. É un edificio rectangular, construído en zinc e vidro, con armadura metálica claramente visible no teito
Novo mercado da Madalena
Parador de Turismo de Ferrol
É un hotel de 3 estrelas, e atópase no límite entre os barrios de Ferrol Vello e A Madalena, xusto enfronte os Xardíns de San Francisco. Encostado ao parador atópase a Igrexa de San Francisco.
Construíuse en 1.958, e ao estar nunha posición elevada, desde aquí pódense contemplar unhas estupendas vistas panorámicas dos Arsenais e da ría. É un edificio de tres alturas (planta baixa máis dous superiores), cuxa arquitectura segue a estética dos edificios típicos do barrio da Madalena do século XVIII, con grandes galerías acristaladas fabricadas en madeira e pintadas de cor branca.

Edificio Jofre
O edificio Jofre, rúa Real cruzamento coa rúa San Diego, é un exemplo da arquitectura burguesa de finais do XIX, data do ano 1890,é unha obra do arquitecto Manuel Riva e de Soto. É un edificio de estilo ecléctico premodernista.Unha varanda coroa o edificio en todo o seu perímetro.Fonte de San Roque
Esta fonte atópase na zona limítrofe entre os barrios da Madalena e Ferrol Vello. Construíuse en pedra no ano 1.784, e é un dos emblemas da cidade, xa que nela figura o escudo heráldico máis antigo da antiga vila de Ferrol. Consiste nunha cabeza de león sobre a que se alza o escudo ovalado, representado por unha torre culminada nun farol, sostido por dúas figuras infantís.
Modernismo, rúa Méndez Núñez
0 comentarios:
Publicar un comentario