Seu fundador, José María González Llanos era un experto enxeñeiro naval que prestara servizos na Sociedade Española de Construción Naval antes do Golpe de Estado de 1936, rematada a guerra e instaurada a dictadura, decidiu afrontar a aventura empresarial en solitario e con modestos recursos. Astano constituíase como sociedade limitada con 2 millóns de pesetas de capital e iniciaba súa andaina cunha trintena de traballadores.
As siglas correspondíanse co nome de Estaleiros e Talleres do Noroeste.
Súa historia comeza no ano 1940, cando comeza súa actividade coa construción de pequenos pesqueiros de madeira.
O primeiro buque entregado foi o Comandante Lobo, pesqueiro de 23 metros de eslora.
Os pesqueiros Tabeirones I e II foron os primeiros en ser contruidos con casco de aceiro remachado (1943)
Os pesqueiros Tabeirones I e II foron os primeiros en ser contruidos con casco de aceiro remachado (1943)
En 1944 pasa a ser ASTANO S.A. ampliando súas instalacións e comezando a construción de buques de moito maior calado, será a partir dese intre cando esta empresa convértese na industria que vertebre e sobre a que vire a actividade da comarca de Fene.
En 1963 o número de traballadores dispárase co comezo da construción de grandes cargueiros e petroleiros chegando a dar emprego directo a máis de 5.000 traballadores; modernízanse as instalacións e convértese nun referente mundial dentro da construción naval de petroleiros de até 300.000 Toneladas.

A superficie da factoría pasou dos 3.000 metros cadrados iniciais aos 755.000 do ano 2000,dispón de dúas bancadas de 337 metros de longo, dous diques secos, peiraos de armamento cunha lonxitude de 2.700 metros, 18 guindastres de entre 10 e 100 toneladas de forza ascensional e un guindastre pórtico de 800 toneladas.Entraba Astano, desta forma, nunha época de construción de grandes unidades. Buques como a Santa María no ano 1975 ( 365.000 toneladas de peso morto) levarano a rivalizar cos grandes estaleiros do mundo.
Será durante os anos 80, coa chegada ao goberno de Felipe González e a "Reconversión Naval", cando comeza o declive industrial do estaleiro ao limitarse seu campo de construción.
Será durante os anos 80, coa chegada ao goberno de Felipe González e a "Reconversión Naval", cando comeza o declive industrial do estaleiro ao limitarse seu campo de construción.
No ano 2004 nace Navantia, produto da fusión de Astano e a antiga BAZAN que hoxe en día forman un estaleiro que reparte as súas instalacións entre as dúas factorías, a de Fene e a de Ferrol, e dá emprego a máis de 3.000 persoas.
http://galizart.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=997784869444&pubid=993726672209
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario