
Outros nomes en galego son; Pega gaia, Pega rebuldá, Pega rebordá, Pega marça e Pega marxa.
Atoparémola normalmente en bosques frondosos. Trátase dunha ave moi territorial en época de reprodución, e as parellas permanecen no seu espazo toda a súa vida. A pesar de ser tímida e asustadiza, pode pasar a ser moi agresiva e ruidosa en caso de necesidade.

Presenta un voo en aparencia algo torpe, lento e con movementos de ás que parecen incompletos.

Aliméntase principalmente de froitas, insectos, lombrigas, ras, ratos, musarañas, lagartos, ovos normalmente doutras aves, e mesmo pode capturar outros pequenos paxaros volanderos, ou mesmo adultos. Coa chegada do outono a dieta pasa a ser principalmente vexetal, sendo moi importantes as castañas no inverno.

Xogan un papel moi importante como dispersor de sementes, especialmente de landras de fagáceas.
Imita a voz doutros paxaros, ou mesmo doutros animais como cabras e ovellas.
Imita a voz doutros paxaros, ou mesmo doutros animais como cabras e ovellas.



Cría
http://gl.wikipedia.org/wiki/Gaio

0 comentarios:
Publicar un comentario