Igrexa Castrense de San Francisco
Concatedral de San Xiao, (San Julián)
A Concatedral de San Xiao, patrón da Cidade, é o monumento relixioso máis importante de todo o Concello de Ferrol. Atópase situada na rúa Irmandiños e foi levantada a finais do século XVII polo arquitecto Julián Sánchez Bort, sobre os restos dunha antiga igrexa románica. Posteriormente no ano 1959 obtivo o título de Concatedral, que pertence ás dioceses de Mondoñedo-Ferrol. É un templo de estilo neoclásico con planta en forma de cruz e capelas laterais. Merece especial mención a súa fachada principal flanqueada por dúas esveltas torres rematadas por cúpulas.
Igrexa de Nosa Sra. do Socorro
Esta igrexa parroquial atópase no Barrio de Ferrol Vello, nunha posición elevada respecto ao porto de Curuxeiras. Construíuse no século XVIII, en estilo neoclásico e cunha soa nave con espadana, substituíndo á anterior igrexa de San Xulián.
No interior contén as tallas do Cristo dos Navegantes e a Virxe do Socorro, ambas as do século XVIII e anónimas.
No interior contén as tallas do Cristo dos Navegantes e a Virxe do Socorro, ambas as do século XVIII e anónimas.
Igrexa da nosa Señora das Dores
Esta igrexa, situada fronte á Praza de Amboage, foi construída na segunda metade do século XVIII. Ten unha soa nave con planta de cruz latina. Sobre a portada atópase un óculo redondo cunha pequena vidreira; a ambo lados ten dúas torres campanario, unha delas cun reloxo
Ermida de Stª Comba
Sinxela ermida románica, de planta rectangular con cuberta a dúas augas. Muros de sillería.
A ermida está situada na parroquia de Covas, no illote de "Insua do Medio", este atópase entre outros dous illotes máis, denominados "Insua de Fora" e "Insua do paso Estreito". Está unida a terra polo areal da praia, e só é accesible en baixamar.
Os recentes traballos arqueolóxicos dirixidos por Alberto González na Illa de Santa Comba confirmaron a existencia dun asentamento de tipo castrexo que tivo a súa orixe na idade de ferro ((600 aC - século I dC) e relacionaron a última fase de ocupación coa época altomedieval.
A portada da capela é sinxela. O seu interior componse dunha soa nave. Destaca o Retablo Maior, realizado por Carlos Porto no ano 1782.
A ermida está situada na parroquia de Covas, no illote de "Insua do Medio", este atópase entre outros dous illotes máis, denominados "Insua de Fora" e "Insua do paso Estreito". Está unida a terra polo areal da praia, e só é accesible en baixamar.
Os recentes traballos arqueolóxicos dirixidos por Alberto González na Illa de Santa Comba confirmaron a existencia dun asentamento de tipo castrexo que tivo a súa orixe na idade de ferro ((600 aC - século I dC) e relacionaron a última fase de ocupación coa época altomedieval.
Foto 1 - Capela da Orde Terceira de San Francisco
Ergese ao caron mesmo da Igresia Castrense de San Francisco. No ano 1763 inícianse as obras de construcción desta capela que foi aberta ao culto no ano 1765.A portada da capela é sinxela. O seu interior componse dunha soa nave. Destaca o Retablo Maior, realizado por Carlos Porto no ano 1782.
Foto 2 - Capela da Virxe da MercéCapela de estilo barroco, construida no século XVI, ten planta rectangular, con porta e xanela dinteladas. A espadana é pequena, cun só van. No muro testero, unha cruz de ferro, e nos puntos de arranque do frontón ten motivos ornamentais.
Foto 1 - Capela das Angustias
Capela construída no século XVIII pola confraría que leva o mesmo nome.
Súa fachada é simple e desornamentada. A espadana é da segunda metade do XIX.
Foto 2 - Igrexa do Pilar
Igrexa de mediados do século XX. Planta basilical, dividida en tres naves separadas por columnas con arco de medio punto. O altar maior está situado sobre unha escalinata. O exterior é de mampostería revogada e a cuberta a dúas augas. Súa fachada principal ten tres portas de entrada con arcos apuntados. Atrio ben conservado, cun pequeno parque nas súas inmediacións. Casa reitoral anexa.
Capela construída no século XVIII pola confraría que leva o mesmo nome.
Súa fachada é simple e desornamentada. A espadana é da segunda metade do XIX.
Foto 2 - Igrexa do Pilar
Igrexa de mediados do século XX. Planta basilical, dividida en tres naves separadas por columnas con arco de medio punto. O altar maior está situado sobre unha escalinata. O exterior é de mampostería revogada e a cuberta a dúas augas. Súa fachada principal ten tres portas de entrada con arcos apuntados. Atrio ben conservado, cun pequeno parque nas súas inmediacións. Casa reitoral anexa.
Ermida de San Cristovo
A data exacta da súa construción non se coñece pero xa se cita entre as concesións feitas ao Mosteiro de Sobrado polos reis Alfonso VII e Fernando II, e aparece nomeada nun texto do ano 1158 do Arquivo Histórico Nacional 997 b, fol 139v. Caracterizase pola sinxeleza da arquitectura cisterciense.Xunto á ermida atópanse as ruínas dunha edificación das casas da parroquia de San Cristovo.
En 1975 engádese o cruceiro, obra do escultor Guillermo Feal.
O nome completo é Convento das Adoratrices Escravas do Santísimo Sacramento e da Inmaculada; é un convento de clausura no que habitan 13 monjitas, situado xustamente enfronte do Parador de Turismo e de la Fuente de San Roque, no límite entre os barrios do Ferrol Lanuxe (Vello) e da Madalena.
Fundouse no ano 1958, é un edificio aparentemente moderno, de fachada branca con numerosas xanelas e remates de pedra. O campanario está aloxado nunha espadana, sobre a porta de entrada. No hall de entrada atópase o torno característico dos conventos de clausura.
Foto 2 - Igrexa de Santa Rosa de Viterbo
Na parroquia de A Graña, foi construída no ano 1.730, pola Orde Terceira de San Francisco.
Ermida de Chamorro ou Capela da Virxe do Nordés
É un pequeno templo de orixe medieval, data do século XVI. Situada na cima dun monte dende o que temos unhas impresionantes vistas da cidade de Ferrol.Tódolos anos, o luns de pascua, celébrase unha romaría á que asisten multitude de persoas, movidas máis pola festa e pola troula que pola devoción.
Igrexa de San Xurxo de Moeche
Igrexa de estilo barroco (s. XVIII), planta rectangular e dunha soa nave. A capela maior sitúase baixo unha bóveda en nervadura estrelada. A un dos lados atópase pegada a torre cuadrangular do mesmo estilo arquitectónico. Esta torre esta formada por tres corpos. Dignos de mención son tamén os seus impresionante retablos barrocos do altar e dos laterais. Segundo unha inscrición na fachada principal, a igrexa foi reedificada en 1832, sendo cura D. Leocadio García. Chama a atención o pequeno casarío adherido ao lateral esquerdo da igrexa e sobre todo o cruceiro do século XX que atoparemos xusto antes de chegar ao templo.
Mosteiro de San Martín de
Popularmente coñecido como "do Couto" é o monumento máis representativo de Narón.Foi mandado construír polo Conde de Traba -considerado polos monxes dominus noster -no século XII, sobre os restos do templo orixinal, anterior ao século X, probablemente do século IX. O seu pórtico e a torre da fachada son posteriores ao século XVIII.
Alcanza o seu máximo esplendor da man dos monxes da orde de Cluny, que estableceron aquí un dos seus poucos condados en Galicia, sendo os señores do asentamento ata que o condado foi concedido aos Andrade por Enrique II. Este mosteiro chegou a ser un dos principais da Península Ibérica.
Del consérvase a igrexa románica, datada nos séculos XII-XIII.
O templo románico ten planta basilical de tres naves rematadas nas súas respectivas ábsidas de planta semicircular. A nave principal está separada das laterais por grandes alicerces de columnas con capiteis esculpidos, sobre os de descansan arcos de medio punto.
Unhas obras de restauración levadas a cabo fai algo máis dunha trintena de anos, sacou a luz sepulcros medievais. Destes sepulcros só queda o do cabaleiro Rodrigo Esquío, datado a finais do século XV.
A San Martiño de Xuvia viñan retirarse fillos de reis e personaxes da alta nobreza.
No interior da igrexa poden contemplarse unha colección de máis de cincuenta capiteis e canecillos, con figuras vexetais, monstros e alegorías ao inframundo, de estilo compostelán.
Capela da Virxe do Porto
É unha pequena Capela situada no alto dun illote rodeado de acantilados, na parroquia de Meirás, concello de Valdoviño, e a ela unicamente se pode acceder en baixamar.
Ermida de Sta. María de Caranza
Patroa do barrio ferrolán de Caranza
Igrexa San Salvador de Serantes
Neste cemiterio encóntranse varias foxas comúns de represaliad@s, unhas 250 vítimas asasinadas polos golpistas franquistas
Igrexa de Santa Uxía de Mandiá
Igrexa do século XIX, de estilo ecléctico, é un dos templos parroquiais máis grandes do ámbito rural de Ferrol. Planta rectangular e dous pequenos corpos pegados nos muros meridional e setentrional. Muros de cachotaría (reutilizados da antiga igrexa), revogados e pintados de branco. Cuberta a dous e catro augas. No seu interior unha nave, dúas pequenas capelas laterais, presbiterio e unha pequena sancristía, retablo con elementos barrocos e, presidíndoo, a imaxe de Santa Uxía. Aos pés un coro alto. No exterior distinción volumétrica dos seus corpos. Fachada principal que vai dun barroco clasicista a un eclecticismo, cunha cornixa medio voada.
Capela de San Antonio dá Cabana
A capela de San Antonio dá Cabana é de tipoloxía rural moi difundida na bisbarra, sen estilo definido (fins do século XIX). Dispón dun adro e un cruceiro. Cuberta a dúas augas. Fachadas laterais con perpiaños tanto nos vans como nas esquinas. Fachada sur con porta de acceso alintelada secundaria. Fachada principal toda con cadeirado regular. Porta principal alintelada, sobre a cal existe un van. Espadana dobre. Sancristía engadida á fachada norte. Ámbito cun río que leva a unha fonte ao longo dun pequeno paseo de recente construción. Está intimamente ligada á figura de Gonzalo Torrente Ballester. De feito, a ela dirixíase a nai do escritor, o día 13 de xuño do ano 1910, para asistir á romaría que se celebraba en honra do santo, cando se puxo de parto inesperadamente e dirixiuse a casa dos seus sogros. Por iso é polo que Torrente nacese en Serantes.
http://www.turgalicia.es/
http://www.minube.com/viajes/espana/la_coruna/ferrol
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario