Trátase dun teatro do século XIX , inaugurado en 1.892. Rehabilitado a principios do século XX polo arquitecto Rodolfo Ucha, quen deseñou unha nova fachada modernista para o edificio.
Na actualidade, e tras sete anos de peche, o edificio volveu a sufrir unha interesante e necesaria rehabilitación, de mans do arquitecto Rafael Baltar, con gran experiencia neste tipo de actuacións, quen tratou de respectar ao máximo o carácter histórico do edificio, destacando os seus valores arquitectónicos, artísticos e tipolóxicos. É por iso que, entre outras cousas, conserva a súa peculiar fachada modernista.

A actuación modifica os accesos ao centro e transforma a fachada sur do edificio. Ademais incorpora un volume anexo e unhas galerías que enchen de luz o interior do recinto, o cal pecaba de certa falta de iluminación anteriormente.
Dentro do teatro ampliouse o espazo escénico, así créase un pequeno foso para os músicos, e recupérase o encanto da conformación do teatro orixinal, aquel teatro do século XIX, co uso de revestimentos de granito e o pan de ouro escénico.

0 comentarios:
Publicar un comentario