Paporroibo, Petirrojo,(Erithacus rubecula)
É un páxaro moi abondoso en Galicia.Ten o tamaño dun gorrión, (14 cm), pero é máis lixeiro. Os adultos distínguense pola cor laranxa intenso do seu peito e cara, sobre un plumaje pardo oliváceo. Os mozos carecen de cor alaranxada e son marcadamente moteados de pardo escuro e ocráceo. Destacan os seus ollos grandes, negros e redondos.
Os pitos mentres están no niño teñen o interior do pico de cor amarela verdoso. É relativamente confiado co home, podendo chegar a comer da súa man, nalgúns casos.Ten un amplio repertorio de sons.
No paporroibo, xeralmente é a femia a que acode ao macho no seu territorio. Cando ela está a esperar a segunda posta, o macho encárgase da alimentación da primeira. Os recentemente nados empezan a voar aos 13-14 días de saír do ovo.
O hábitat do paporroibo son os xardíns,bosquecillos. Aliméntase, maioritariamente, de invertebrados pequenos que viven no chan (insectos, pequenas arañas,sanguixuelas ou vermes). No outono e na primavera aliméntase tamén de bayas e froitos pequenos.
0 comentarios:
Publicar un comentario