Alavanco ou Pato do mar, en castelán; Azulón ou Ánade real,(Anas platyrhynchos)
Probablemente os máis coñecidos de todos os patos,o Azulón, coa súa cabeza verde,e súa parella, e de cor pardo escura.Son os máis abundantes en lagoas, encoros e ríos.
É unha ave moi gregaria, bastante arisca e desconfiada, que raramente permite o achegamento a curta distancia, sendo normalmente o primeiro pato que foxe ante a presenza humana.
Agrúpase para sestear durante o día e pola noite desprázase aos comederos. Súa gran capacidade de adaptación e aproveitamento de distintas fontes de alimentos son as razóns da súa numerosa poboación, que crece cada ano.
O macho ten a cabeza verde azulada, pico amarelo, peito pardo ou castiñeiro, colar branco, corpo gris e popa negra. A femia de cores máis apagadas en pardo escuro, parécese a outros patos (sobre todo ao ánade friso), pero o seu maior tamaño, a cor alaranxada e escura no pico e o espejuelo azul e branco son característicos.
Ambos sexos teñen espexuelos azul-morado. Na época de cría a femia pon de 3-12 ovos que eclosionarán ao cabo de 15-27 días, a femia coida ás súas crías en solitario. A cría é amarela e marrón a manchas. Son case independentes desde o primeiro día, aliméntanse sós e en só 2-3 meses,e xa están totalmente preparados para voar.
0 comentarios:
Publicar un comentario