Silene gallica
É unha planta moi variable, simple ou moi ramosa, anual, de 10 a 45 cm, pelosa e pegañenta por arriba. Follas inferiores aculleradas e superiores estreitamente lanceoladas e pelosas. As flores poden ser brancas ou rosas, ás veces cunha mancha carmesí en cada pétalo, de 10-14 mm. de diámetro, con pétalos enteiros ou lixeiramente melados. Cáliz ovoide en froito, peludo e áspero, con dentes longos e puntiagudos. Florece en primavera e verán.
http://es.wikipedia.org/wiki/Silene_gallica
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario