Herba dos pitos,(Aquilegia vulgaris)
Antíguamente as sementes empregáronse para facer perfumes afrodisíacos e dise que as cortesás as masticaban para exercer mellor o seu oficio, as vestales romanas (virxes consagradas) tiñan prohibido o contacto con esta pranta. Foi cultivada nos xardíns medievais.
As sementes, moídas e maceradas en aceite de oliva, poñense na cabeza para repeler os piollos
É antipirético, astringente, depurativo, diurético, diaforético e urocolítico.
Externamente pode aplicarse en compresas, como antiflogístico, nos casos comúns de dermatosis.
É antipirético, astringente, depurativo, diurético, diaforético e urocolítico.
Externamente pode aplicarse en compresas, como antiflogístico, nos casos comúns de dermatosis.
Recomendase non experimentar con esta flor, pois contén acedo cianhídrico. O envelenamento produce a morte por parálise cardíaca ou respiratoria.
A casa de Guisa, na Francia renacentista, fixo desta flor o seu escudo de armas. Os contrabandistas navarros usábana como amuleto cando ían cruzar a fronteira
http://es.wikipedia.org/wiki/Aquilegia_vulgaris
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario