Couselo,(Umbilicus rupestris)

Planta que vive nas fisuras das rochas e nas paredes. Recoñécese porque as follas teñen un contorno redondeado e o pecíolo sae do centro do limbo, polo menos nas follas da base. Tanto as follas como o talo son carnosas, como pasa con todas as crasuláceas; as follas do talo están dentadas. A inflorescencia está cuberta de flores en case toda a súa lonxitude e as flores están en posición péndula. Esta disposición das flores e inflorescencias permite diferenciala da outra especie de Umbilicus que ten as flores en posición horizontal e cobre só a parte superior da inflorescencia.
- Esta planta emprégase ás veces para aliviar a dor dos arañazos mediante a aplicación da folla sobre a pel , do mesmo xeito axuda a curar queimaduras
- As follas son algo analxésicas e o xugo extraído das mesmas ten unha vella reputación no coidado da epilepsia.
- Tamén ten propiedades nutricionais, as follas poden empregarse nas ensaladas.
http://en.wikipedia.org/wiki/Umbilicus_rupestris




















