Seu fundador, José María González Llanos era un experto enxeñeiro naval que prestara servizos na Sociedade Española de Construción Naval antes do Golpe de Estado de 1936, rematada a guerra e instaurada a dictadura, decidiu afrontar a aventura empresarial en solitario e con modestos recursos. Astano constituíase como sociedade limitada con 2 millóns de pesetas de capital e iniciaba súa andaina cunha trintena de traballadores.
As siglas correspondíanse co nome de Estaleiros e Talleres do Noroeste.
Súa historia comeza no ano 1940, cando comeza súa actividade coa construción de pequenos pesqueiros de madeira.
Os pesqueiros Tabeirones I e II foron os primeiros en ser contruidos con casco de aceiro remachado (1943)
En 1963 o número de traballadores dispárase co comezo da construción de grandes cargueiros e petroleiros chegando a dar emprego directo a máis de 5.000 traballadores; modernízanse as instalacións e convértese nun referente mundial dentro da construción naval de petroleiros de até 300.000 Toneladas.
Será durante os anos 80, coa chegada ao goberno de Felipe González e a "Reconversión Naval", cando comeza o declive industrial do estaleiro ao limitarse seu campo de construción.
No ano 2004 nace Navantia, produto da fusión de Astano e a antiga BAZAN que hoxe en día forman un estaleiro que reparte as súas instalacións entre as dúas factorías, a de Fene e a de Ferrol, e dá emprego a máis de 3.000 persoas.
http://galizart.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=997784869444&pubid=993726672209




























