Loureiro cereixo,(Prunus laurocerasus)
É unha árbore perenne que alcanza os 6 metros de altura. Follas brillantes, ovais e coriáceas de cor verde escuro que miden 10 cm de lonxitude. As flores son aromáticas de cor branca que se agrupan en acios axilares. O froito é unha drupa negra parecida a unha cereixa e agrúpase en acios como as uvas. A diferenza do resto da planta, que é velenosa, as cereixas son comestibles, aínda que máis suave e un pouco seca en comparación con outras especies do xénero Prunus. Sen enbargo, as sementes contidas nas bagas si son velenosas.
É orixinario de Asia Menor e cultívase en zonas mornas de Europa como planta ornamental, xeralmente é un arbusto ao non se dar as condicións ecolóxicas para o seu maior desenvolvemento.
- Ten efecto sedante sobre o sistema nervioso.
- Estimulante respiratorio.
- En homeopatía a súa tintura úsase como calmante do sistema nervioso.
- Polo seu contido en ácido cianhídrico son altamente tóxicas e teñen o sabor das améndoas amargas.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
1 comentarios:
Buena información, gracias!
Publicar un comentario