Araña saltadora negra,(Heliophanus)
Esta pequena araña apenas alcanza os 5 milímetros de tamaño.
Os machos son de cor negra, con brillo metálico con iridiscencias cando se expoñen ao sol, mentres que as femias tenden a lucir coloraciones máis claras. O cefalotórax é moderadamente alto e ovalado, máis ancho na parte posterior e truncado na anterior, e mostra dúas grandes manchas brancas. O abdome, que se estreita significativamente na parte posterior, mostra catro manchas brancas e unha estreita banda, tamén branca, no bordo anterior. Os poros da seda son pequenos e localízanse ao final do abdome.
As patas son curtas e robustas, de cor máis clara que o resto do corpo, e con poucas espiñas.
Adoitan atoparse sobre a vexetación herbácea ou arbustiva en lugares ben asollados. Os adultos aparecen desde finais da primavera até finais do verán.
A súa visión é excelente, e son capaces de saltar dun lugar a outro aseguradas por un fío de seda.
http://herramientas.educa.madrid.org/animalandia/ficha.php?id=3184
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario