Axedrezada menor,(Pyrgus malvoides)
Bolboreta de pequena envergadura alar, 18-24 mm. Posúen unha cabeza ancha, grandes ollos negros e antenas moi separadas, acabadas en punta e xeralmente curvadas, en forma de gancho. Posúen un tórax robusto.
Non existe un gran dimorfismo sexual nesta especie, ambos os sexos son moi parecidos.
O anverso nas ás presenta unha cor variable, entre marrón escuro e alaranxado, pasando ao gris azulado da vilosidade presente na base das mesmas. Significativa é a distribución das manchas brancas que posúen xeometría máis ou menos cadrada ou rectángula

Aliméntanse de néctar en amplo espectro de flores. Os machos son máis fáciles de observar. Cando non están a se alimentar permanecen inmóbiles nun pousadeiro, observando a calquera tipo de bolboreta que pase, na espera de que apareza unha femia fértil. Cando isto ocorre comeza un breve cortexo en voo, tras o cal o macho obriga á femia a pousarse nunha zona despexada de vexetación no chan, onde ten lugar a cópula.
http://www.granadanatural.com/ficha_fauna.php?cod=129
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario