Mosca dos arbustos, (Eristalis arbustorum)
Femia
Presentan os fémures das patas de cor negra, mentres que a base das tibias é avermellada. O rostro non presenta ningunha banda vertical ou esta é moi clara e estreita nos individuos de maior idade. As antenas presentan un longo pelillo na aresta.
O patrón de cor do abdome varía en función da temperatura ambiente en que se desenvolven as larvas, de maneira que cando a temperatura é máis baixa, os parches amarelos son máis pequenos que cando a temperatura é maior. Esta diferenza é máis acusada nos machos que nas femias. Distribúese por amplas zonas mornas do hemisferio norte.
Femia
http://herramientas.educa.madrid.org/animalandia/ficha.php?id=3221
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario