Carrasco Bravo ou Tomiño marítimo,(Helichrysum picardii)
Esta é unha planta composta perenne, moi frecuente nas dunas secundarias de moitas praias de Galicia. É moi recendente, leñosa na base, con talos de ata 35cm de dous tipos. Os fértiles levan follas lineais, con moita pelaxe, o que lle dan un ton gris a planta. As flores son moi pouco evidentes e localízanse en inflorescencias tipo capítulo, cuxo invólucro é cilíndrico, con brácteas imbricadas e amarelas máis visibles que as flores. Os capítulos dispóñense en inflorescencias tipo corimbo compostos. Os froitos son aquenios.
As ramiñas con flores empréganse en Medicina popular contra a tose, os catarros e para asepsia. Tamén actúa coma tónico estomacal.
http://www.vexetaciondegalicia.es/plantas.php?id=helichrysum
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario