Agelena labyrinthica
Agelena labyrinthica é unha especie de araña araneomorfa da familia Agelenidae que habita en prados secos de escasa vexetación, preferentemente soleados e en verán.Constrúe a rentes de chan unha enorme arañeira en forma de embude cunha superficie a rentes de chan de case medio metro de ancho, suxeita na matogueira que a rodea con longos filamentos. No centro do embude unha longa tea en forma de tubo alberga no seu interior a araña, onde espera pacientemente a caída dunha presa na súa tea, momento no que a vibración o fai saír disparada a capturar a súa presa.
Como noutras arañas, o macho debe dirixirse ata a tea da súa compañeira e tras a fecundación é frecuente que sexa devorado por esta. Despois, a femia mantén resgardada a súa posta nun botón dentro do interior do seu tubo, ata que eclosionan as fillas.
Familia: Agelenidae
Xénero: Agelena
http://es.wikipedia.org/wiki/Agelena
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario