Araña Cangrexo,(Misumena vatia)
A araña cangrexo (Misumena vatia) é unha araña araneomorfa da familia Thomisidae, bastante común en toda Europa e presente en Asia e América do Norte.O macho mide entre 4 e 5 mm mentres que a femia alcanza 10 mm. Vive nas flores, especialmente nas de cor branca e amarelo.Seu abdome é redondeado e vaise alargando cara á parte posterior.
O macho é algo máis escuro que a femia, aínda que a especie é dunha cor moi variable,segundo a flor na cal cace
Frecuentemente asociada co Solidago, que atrae moitos insectos,aos que caza cunha rapidez asombrosa .
Crece en zonas con flores, como xardíns, en claros de bosques, axexando xeralmente nas flores a chegada dalgún insecto, como avespas, moscas, bolboretas, das que se alimentan; adoitan adoptar a cor do lugar no que están, polo que se camuflan perfectamente; atrapa a súa presa coas patas dianteiras e inxecta o veleno coas súas mandíbulas para paralizala e absorberlle os fluídos corporais. Non tece teas salvo para protexer a posta.
En primavera a femia é fertilizada e posteriormente pon os ovos nun saco que protexe con seda e o colga dunha rama; coida a posta ata que saen os xuvenís ás tres semanas; durante este tempo deixa de comer e ao final morre.
Clase: Arachnida
Orde: Araneae
Familia: Thomisidae
Xénero: Misumena
Especie: M. vatia
http://www.asturnatura.com/especie/misumena-vatia.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Misumena_vatia
1 comentarios:
Uff, da miedo :)
Publicar un comentario