Globulária,(Globularia vulgaris)
É un subarbusto perenne ramoso que alcanza 10-60 cm de altura. As follas están dispostas na base en forma de roseta, son abovadas ou lanceoladas, coriáceas e de cor verde agrisada con pequenas glandulitas de cor branca. As flores son globulosas e solitarias dunha cor azul viva.
A totalidade da planta contén globularina, un glicósido ao cal se debe a súa acción purgante. Contén tamén heterósidos, taninos, vitamina C e resinas. Ten efecto purgante bastante enérxico, é colagoga (facilita o baleirado da vesícula biliar) e sudorífica, así como lixeiramente estimulante. É utilizada en casos de estrinximento crónico cando non fan efecto outros laxantes mais suaves.
Facer unha decocción fervendo durante 15 minutos 40 gr. de follas cun litro de auga. Tomar unha cunca ao deitarse e outra pola mañá en xaxúas.
http://www.ficarra.com.ar/globularia_mayor.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Globularia_vulgaris
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario