Agulleira,(Geranium columbinum)
É unha planta anual que todos os anos bota un longo e angosto rabo ramificado e avermellado, do cal arrancan numerosos talos nodosos, repletos de pelitos moi finos e aplicados, case invisibles. As follas sostéñense sobre un longo rabo e están divididas en tres ou cinco gallos moi profundos, seguindo unha nervadura palmeada. As flores nacen de dous en dous e están sostidas por un longo cabillo común. As follas teñen sabor herbáceo e nótanse algo mucilaxinosas.
Se cría en ribazos e lugares incultos, mellor se son lugares frescos.
Propiedades:
- Antidiarreico Moderado
- Astrixente Moderado
- Analxésico Leve
En toda a planta podemos encontrar gran cantidade de taninos catéquicos que lle confiren unha acción astrinxente, grazas á cal resulta apropiado en casos de diarreas e tamén para aplicar sobre a pel, como cicatrizante, en aftas, úlceras bucais, xenxivite, farinxite, vaxinite, contusións e escoceduras.
Así mesmo, contén polifenois e, en menor cantidade, pódese detectar a presenza de esencia. Todo iso lle fai ser un bo antiinfeccioso gastrointestinal, xa que actúa contra as inflamacións; é tamén un bo hemostático a empregar en casos de metrorraxias, isto é, en hemorraxias das vías urinarias. Ademais, considérase que ten certo efecto analxésico.
- Decocción. Engádense 25 gr da planta desecada a un litro de auga, deixándoo ferver durante dez minutos; despois procédese a efectuar o filtrado. Pódense tomar ata tres cuncas ao día para conseguir así un efecto antiinfeccioso a nivel gastrointestinal, unido a un efecto antidiarreico.
- Po. Pode tomar un gramo da herba debidamente pulverizada tres veces ao día, sendo a forma máis cómoda e usual a presentación en cápsulas.
- Decocción para uso externo. Tómanse 40 gr da herba, engadíndoos a un litro de auga e deixándoos ferver durante un cuarto de hora. O líquido obtido, despois de arrefriarse a temperatura ambiente, pódese empregar para efectuar irrigacións vaxinais ou tamén como colutorio.
http://www.asturnatura.com/especie/geranium-columbinum.html
http://www.rednaturaleza.com/pie-de-paloma-%2528geranium-columbinum%2529-dts1797.htm
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario