Batería de San Xoan, este baluarte forma parte do antigo recinto amurallado defensivo da cidade, construído no século XVIII, concretamente no ano 1774

Está nunha posición elevada, para defender a ría e a dársena de Curuxeiras, desde onde se pode contemplar unha magnífica vista panonámica da mesma. Hai unhas escaleiras nun dos laterais, que dan acceso ao peirao; desde aquí abaixo sorprende a altura e envergadura dos muros deste baluarte.No interior da batería atópanse un xardíns,que albergan un Monumento adicado aos heroes de Brión, que impediron a invasión dos ingleses no ano 1800.

0 comentarios:
Publicar un comentario