Sala de Armas do Arsenal Militar coñecida como "Batería A Cortina", orixinaria do Século XVII.
.
Esta batería é a defensa da fronte de mar do Arsenal na súa parte oeste, cara á boca da Ría, e construíuse como coroamento do Dique de Abrigo con todos os elementos do chamado "corpo perfecto", ou sexa, cos seus contrafortes e adarve que se protexía co parapeto de merlóns e troneiras, seguindo as normas académicas nas súas trazas (forma e medidas) para emprazar os canóns. Ademais consérvase unha polvoreira na zona que actúa de flanco dereito, cubrindo a verdadeira cortina.
Esta batería fai un caneo de 90º na súa parte sur (Punta do Martelo) para peche e defensa da bocana do Arsenal. A súa lonxitude de 740 m, a perfección do seu estereometría e estereotomía nos perpiaños de granito, así como das súas garitas, apréciase como unha obra excepcional e representativa da tecnoloxía do século XVIII; en todo caso, esencial para a comprensión do conxunto defensivo. Foi realizada por Francisco Llobet entre 1755 e 1759.
Fonte: http://aiceivirtual.org/es/item/29
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario