Escaravello Tigre,(Cicindela maroccana)
O Escaravello Tigre,debe seu nome ao realmente efectivo e fero que é coas súas presas ao cazalas,está anatomicamente armado para iso cunhas poderosas mandíbulas.
É un coleóptero adéfago da familia Carabidae, subfamilia Cicindelinae. Moi similar a Cicindela campestris, da que se diferencia polas manchas cobreadas da base do pronoto.
No seu deseño xeral a cabeza, tórax e élitros aparecen máis ou menos tinguidos de púrpura. Ten unha lonxitude de 12 a 15 milímetros. De tons verdes e púrpura, os élitros aparecen adornados con pequenas manchas de tamaño variable, brancas e marxinais en forma redondeada ou de coma e dous puntos tamén brancos na zona centrodistal; ás veces aparecen tamén puntos escuros na zona centroproximal dos élitros.Especie diúrna heliófila -máis activas nas horas de maior insolación, posúe patas especialmente alongadas, adaptadas para a carreira. Captura as súas presas; arañas, saltón, formigas, bolboretas e eirugas, perseguíndoas con curtos voos e longas carreiras Ees frecuente encontrala nos camiños de bosques, nos lindeiros e nas superficies areentas, en especial nas zonas máis cálidas. As larvas tamén son depredadoras, escavan pequenas galerías verticais no chan areento onde axexan coas súas fortes mandíbulas asomando fóra. Ao paso de arañas, ácaros, formigas e outros pequenos insectos captúranas e introdúcenas na galería onde son devoradas. Nas pendentes de barro e lodo practican un orificio de varios centímetros en cuxa entrada esperan ás súas presas. As larvas escavan un furado vertical no chan, perpendicular á superficie e axexan a posibles presas que pasen preto. ando non están a cazar, retíranse ao interior e pechan a entrada.
É frecuente nos camiños de bosques, nos linderos e nas superficies arenosas. Comeza a voar na primavera pero non chegar a cubrir grandes distancias polo aire. Poden correr a unha velocidade sorprendentemente rápida e en caso de necesidade poden dar curtos voos para porse a salvo dos perigos. Tanto os adultos como as súas larvas son depredadores, aínda que utilizan técnicas moi distintas para capturar as súas presas.
Os adultos cazan a outros animalillos usando a súa velocidade e os seus fortes e afiadas mandíbulas. Son especialmente activos cando fai calor. Móvense de forma característica, con rápidas carreiras interrompidas por breves paradas. Este insecto pódese considerar como o animal terrestre máis rápido do mundo. Corre a uns 2,5 metros por segundo. É tal a súa velocidade que de cando en vez ten que parar para poder orientarse.
Familia: Carabidae
Subfamilia: Cicindelinae
Xénero: Cicindela
Especie: C. maroccana
Fonte: http://es.wikipedia.org/wiki/Cicindela_maroccana
0 comentarios:
Publicar un comentario