Chinche asasina,(Rhynocoris iracundus)
Pertence á familia Reduviidae. Atópase no verán, en especial sobre inflorescencias, agardando as súas presas, normalmente moscas ou pequenas abellas
As chinches asasinas reciben a súa denominación pola maneira fría e calculadora coa que axexan as presas : deliberadamente levantan un pico en forma de daga e crávanllo á vítima e inxéctanlle a súa saliva paralizante. As encimas que contén a saliva dixiren parcialmente o tecidos internos da presa, e a chinche absorbe despois ese líquido igual que se bebese dunha palla.
Os fémures das patas anteriores das chinches asasinas están engrosados para dar cabida aos poderosos músculos que reteñen á presa mentres loita por escapar. O corpo pode ser ovalado ou alargado, e o adultos miden entre 12 e 36 mm de lonxitude. As súas cabezas son sempre alargadas, e claramente sinaladas por un asuco que atravesa entre os ollos.
0 comentarios:
Publicar un comentario