Chupaleite,(Iphiclides podalirius)
Trátase dunha das bolboretas máis grandes de Europa, podendo alcanzar as femias unha envergadura duns 8 cm. Os machos son lixeiramente máis pequenos. As ás teñen un fondo amarelo ou branco-amarelado sobre o que destacan rechamantes e decrecientes bandas negras longitudinales. As ás posteriores posúen, ademais, un gran ocelo azul parcialmente cercado de negro e de vermello e unha cola moi rechamante.
En Galicia é unha especie pouco abundante, aínda que distribuída por toda a rexión,especialmente en zonas montañosas.
Voa habitualmente en zonas abertas e nas proximidades de hortos, con preferencia polos lugares cálidos, dende zonas baixas ata os 2.000 metros.
Voa habitualmente en zonas abertas e nas proximidades de hortos, con preferencia polos lugares cálidos, dende zonas baixas ata os 2.000 metros.
O seu período de voo vai de abril a setembro, en dúas xeracións ao ano.
Os imagos frecuentan as flores dos cardos e en ocasións visitan os bebedoiros. As eirugas teñen unha glándula odorífica amarela situada detras da cabeza de función similar á da Papilio machaon.
Os imagos frecuentan as flores dos cardos e en ocasións visitan os bebedoiros. As eirugas teñen unha glándula odorífica amarela situada detras da cabeza de función similar á da Papilio machaon.
0 comentarios:
Publicar un comentario