Araña Napoleón,Synaema globosum
Chamada deste xeito polo debuxo do seu abdome, que lembra ao chapeu do emperador francés.Non fabrican teas, senón que cazan ao acecho , principalmente insectos voadores.
Atacan a calqueira insecto que se pose no seu dominio,independentemente do tamaño que teña , os matan inxectándolles veleno. Moitas veces a presa emprendre o voo antes que o veleno faga efecto,pero esta nunca solta a presa,se suxeita tenazmente ao corpo do insecto, e é transportada en voo ata que a presa cae inmobilizada.
A coloración pode variar desde o branco até o vermello forte, pasando por todos os tons de amarelos e laranxas, dependendo da súa alimentación e das flores sobre as que viva, pero sempre mostran unha mancha central de cor negra.
0 comentarios:
Publicar un comentario