Garzota branca ou común,(Egretta garzetta)
O adulto mide entre 55 e 65 cm e ten unha envergadura beirada de entre 90 e 100 cm. Ten a plumaxe enteiramente branca; durante o verán, ten no cocote 2 plumas moi longas, estreitas e puntiagudas que sobresaen por detrás; as escapulares tamén sobresaen por enriba da cola; pico negro coa base da mandíbula inferior gris verdoso; patas negras cos dedos amarelos. O iris é amarelo. Os mozos son parecidos ao adulto.
Cada vez é máis habitual contemplar exemplares de Egretta garcetta, garzotas, que aproveita a presenza de humanos e as súas actividades para buscar comida e refuxio. Aproveitan os restos dos pesqueiros nos portos. Sitúanse ao axexo nas dársenas, e xunto ás canles nos cultivos próximos a brañas. A relación das garzotas co home é cada vez maior porque hai un importante incremento de poboacións desta especie en desembocaduras e zonas próximas a pantanos e ríos de augas tranquilas.
http://waste.ideal.es/egrettagarzetta.htm
0 comentarios:
Publicar un comentario