Carriza dos xuncos,(Cisticola juncidis)
Habita os terreos húmidos tanto como áridos abundantes en matoxos.
Con moita frecuencia non se coñece deste paxaro máis que unha rápida aparición do macho e súa curta emisión sonora, a continua repetición pronto resulta pesada para o oído.
Con moita frecuencia non se coñece deste paxaro máis que unha rápida aparición do macho e súa curta emisión sonora, a continua repetición pronto resulta pesada para o oído.
É máis fácil observalo durante a época de cría, xa que, nas demais, é moi tímido. Como moitas especies que viven en zoas húmidas, o Buitrón prefire o abrigo das plantas acuáticas ao terreo descuberto.
Seu pequeno tamaño e o seu discreto comportamento explican por que os seus costumes non se coñecen aínda perfectamente. Con todo, estudáronse minuciosamente os detalles da construción do seu marabilloso niño. Atopámonos ante un verdadeiro paxaro «costureiro», dunha destreza sen igual para perforar co seu pico as follas de gramíneas, reunilas con axuda de teas de araña ou de finas fibras vexetais e realizar unha construción á vez sólida, abrandada e camuflada.
0 comentarios:
Publicar un comentario