Gaivota reidora,(Larus ridibundus)
1º Plumaxe de inverno-2º Plumaxe de verán
Dende finais do mes de xullo até o comezo da primavera do seguinte ano, a cabeza é branca cunha mancha escura detrás dos ollos, aínda que non é raro observar algunhas gaivotas reidoras con parte da cabeza manchada de escuro durante o inverno.
Aínda máis, frecuentemente algunhas posúen xa parte do capuchón escuro no mes de decembro, pero isto é excepcional. Máis a miúdo comezan a verse «encapuchadas» en xaneiro e sobre todo en febreiro xa son maioría.
En marzo, practicamente todas as que chegaron á madurez presentan o plumaxe completo. Os individuos inmaturos teñen o plumaxe do dorso manchado de marrón e as patas e o pico de cor carne. Tamén ven frecuentemente algunhas co pico vermello e as patas rosadas.
0 comentarios:
Publicar un comentario