Gaivota Patiamarela,(Larus Michahellis)



Os adultos son semellantes á gaivota arxéntea (Larus argentatus), pero teñen as patas amarelas.

Teñen o lombo gris, máis escuro cá gaivota arxéntea. Os adultos teñen unha penca vermella no bico.


En outono a cabeza é moito máis branca cá da gaivota arxéntea é o negro das puntas das alas, máis extenso. Ó redor de cada ollo teñen un anel vermello.


Os exemplares de primeiro ano teñen a cabeza é a zona inferior máis pálidos cós da Larus argentatus. O bico e os ollos son máis escuros, as patas son de cor gris rosada e teñen unha banda negra ben definida na cola.


No segundo inverno son semellantes ós adultos, aínda que manteñen algunhas diferenzas no deseño das plumas exteriores das alas.

Debido a presenza humana perto das costas,estas convirtironse en carroñeiras,é habitual velas en vertedoiros e basureiros.Cando pasan fame non dubidan en atacar a outras especies máis pequenas,e para facelo non precisan que estas teñan sintomas de debilidade ou enfermidade.
Cumpre que as autoridades poñan coto a esta ave nas cidades,ou co tempo acabarán por convertirse definitivamente nun verdadeiro perigo

Xuvenil
0 comentarios:
Publicar un comentario