Avespa excavadora,(Prionyx kirbii)
A avespa escavadora Prionyx kirbii é un animal fascinante, aínda que resulta difícil decidir se o é máis polo seu aspecto ou polo seu comportamento. A cabeza, o tórax, as patas e a incrible cintura esvelta son negros, mentres que o abdome, alzado como un globo inchado sobre o tubo da cintura, ten cores caoba e negro con liñas brancas.

Vive de forma solitaria en zonas de matogueiras secas onde existan calveros de chan nu. A femia examina coidadosamente o chan e selecciona o punto onde vai escavar o seu burato. En posición boca abaixo e completamente vertical, agarra coas súas potentes mandíbulas un gran de area ou unha terra, á vez que bate as ás a toda velocidade, tanto que poden oírse zumbar, pero non ver. O resultado é o dun trade; consegue un burato perfectamente cilíndrico e vertical, de diámetro abondo para entrar nel. Coas patas anteriores retira a terra esmiuzada. Segue outra sesión de trade, e así sucesivamente ata obter un burato duns 3 cm de profundidade. Seguidamente busca unha ou máis piedrecitas de tamaño axeitado que, ben encaixadas, serán a porta. Prionyx kirbii xa escavou un niño. O paso seguinte será a captura dunha presa, normalmente unha lagosta pequena, á que paraliza coa súa picada e transporta ata o burato. Introduce a presa no niño e, ao seu lado, pon un ovo. Finalmente, arranxa a superficie para disimular o seu traballo. Ao nacer, a larva dispoñerá dunha casa segura e á medida, e de alimento.
Familia: Sphecidae
Subfamilia: Sphecinae
http://ichn.iec.cat/bages/brolles/Imatges%20grans/cPrionyx%20kirbii.htm
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.