Tábano,(Asilus crabroniformis)
Estes incribles cazadores poden alcanzar os 3 centímetros de tamaño. Presentan a cabeza e o pronoto de cor alaranxada, e a parte final do abdome amarelenta, coa base negra. Todo o corpo está recuberto de fortes pelillos. As patas son amarelentas e as ás presentan as celas posteriores afumadas. Locen tres ocelos nun saliente situado entre os grandes ollos compostos, e unha curta trompa moi quitinizada.
O abdome estréitase cara á parte posterior, e remata en punta aguda no caso das femias.
Cazan ao voo outros insectos suxeitándoos coas súas fortes patas. Despois detéñense para chupalos coa súa poderosa trompa succionadora.
Familia: Asilidae
Subfamilia: Asilinae
http://herramientas.educa.madrid.org/~fernando/animalandia/ficha.php?id=4097

0 comentarios:
Publicar un comentario