Familia Halictidae
É un grande familia cosmopolita na que a maioría das especies son solitarias. Algunhas son de cores verdes metálicas brillantes outras son de cor escura. Miden entre 4 e 10 milímetros de longo. As femias teñen órganos colectores de pole nas patas posteriores, chamados scopas, abundantes pelos longos que serven para reter o pole.
A maioría fan os seus niños no chan, construíndo un túnel principal, vertical e outros laterais. En cada un dos laterais constrúen unha cela e depositan unha masa de pole e un ovo.
Algunhas son atraídas pola suor e por iso en inglés chámanas "sweat bees" ou abellas da suor.
0 comentarios:
Publicar un comentario