Abruñeiro,(Prunus spinosa)
É un arbusto caducifolio, moi enmarañado e espiñento de ata 4 metros de altura. Hai que ter coidado para non o confundir (ás veces, é difícil de distinguir) coa ameixeira silvestre (ciruelo).
Adoita formar grandes espesuras grazas á súa doada e densa reprodución por xermolos que xermolan das súas raíces. Ten as podallas diverxentes, pardo-escuras, máis ou menos pelosas na súa xuventude e rematadas frecuentemente en espiña; os talos vellos, en cambio, teñen codia agrisada.
As súas ramas espiñentas soportan pequenas follas ovais e pecioladas de implantación alterna.
As flores son brancas e pentámeras. A súa apertura ten lugar antes da aparición das primeiras follas. Durante o inverno perde as follas e, en primavera, antes de que xermole a nova follaxe, aparecen as flores.
Utilizouse, dende a antigüidade, como planta medicinal e alimenticia. Os abruños utilízanse na elaboración de marmeladas e xeleas, así como para a preparación do pacharán. Usouse tamén para aromatizar outros licores.
As flores preparadas en tisana utilizáronse como laxantes. Os froitos, non obstante, presentan propiedades astrinxentes. Cos froitos pódense preparar máscaras con efectos cosméticos. A súa madeira emprégase en tornería e para fabricar bastóns.
Conseguíronse variedades de excelente calidade dende o punto de vista industrial e dun bo comportamento agronómico. Cabe destacar que o abruñeiro é sexualmente autoincompatible, polo que é necesaria a presenza de máis dunha variedade en cada plantación, para que poida ter lugar a polinización e posterior fecundación.
http://www.arbolespatrimoniovivo.es/?p=766&lang=es
http://es.wikipedia.org/wiki/Prunus_spinosa
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario