Papuxa carrasqueira,(Sylvia cantillans)
Xuvenil
A Papuxa carrasqueira é unha ave de pequeno tamaño que chama axiña a atención pola cor do seu anel ocular que é de cor vermella (similar a Papuxa cabecinegra). O resto da cabeza é de cor gris cunha bigoteira de cor branca que contrasta co seu ventre rosado. As súas ás e cola son de cor gris azulada. As femias teñen unha garganta de cor branca e as patas de cor amarela. Mentres que os machos teñen unhas cores máis vivas e rechamantes, particularmente no peito e garganta.O hábitat característico desta especie son os bosques abertos de aciñeiras, ermos e silveiras preto das correntes de auga, a que é fundamental na bioloxía desta ave.
A Papuxa carrasqueira chega á Península Ibérica cara ao mes de febreiro, momento no que comezan os rituais de apareamento e a conseguinte situación do niño en sebes, silveiras e espiños onde queda protexido dos depredadores. Trátase dunha cunca de pequeno tamaño realizada a base de raíces, follas e talos secos, tapizada de mofo e situado a pouca altura do chan. Xa no mes de abril se produce a primeira niñada onde a femia adoita poñer de tres a catro ovos. Antes do mes de xuño é posible que teña lugar unha segunda niñada. Os poios son alimentados por ambos os dous conxéneres e estarán listos para voar ás case dúas semanas.
http://es.wikipedia.org/wiki/Sylvia_cantillans
http://www.sierradebaza.org/Fichas_fauna/00_Aves/11-06_curruca/curruca%20carrasquena.htm
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario