Batería de Outeiro, tamén coñecida como Da nosa Señora do Carmen
Está nun outeiro que domina a praia e lago contiguos. Tiña unha configuración clásica de parapeto semicircular artillado, do que se conserva a escarpa e algúns merlóns. Por parte de terra formaba un hornabeque que está practicamente arrasado. Foi construída en 1770 con planos de B. Gil Bernabé e M. Hermosilla.Foi atacada e destruída na Batalla de Doniños, batalla que tivo lugar un 25 de agosto de 1800, cando a armada inglesa capitaneada polo almirante Warren e ao mando de 15.000 homes e máis dun centenar de navíos de guerra, desembarcou na praia de Doniños dispostos a tomar Ferrol, para eles o mellor porto español do Atlántico. As escasas medidas defensivas españolas xunto coa forte resaca do mar e o escollo que supuña o paso da lagoa foron suficientes para derrotar á armada inglesa.





















0 comentarios:
Publicar un comentario