O castelo de Moeche é o elemento arquitectónico máis importante do Concello de Moeche.
Os principais aspectos do castelo son os contidos arquitectónicos e os que o relacionan coas "Revoltas Irmandiñas".
É un castelo medieval do século XIV que pertenceu á nobre familia dos Andrade (señores feudais), construída en cachotería de xisto e perpiaños nos esquinais, arcos e almeas. Mestura trazos señoriais e defensivos. Rodéase o conxunto por un foxo pouco profundo.
A planta é octogonal, e conserva unha torre da homenaxe de 18 metros de altura, planta cadrada e tres pisos en madeira. Os seus muros alcanzan os 4 metros de espesor abertos por estreitas seteiras cara ao exterior e mais abertas no interior. Crese que o primeiro piso foi despensa, o segundo prisión e o terceiro refuxio dos donos do castelo, xa que tiña paso ao patio de honra. Nesta obsérvanse tres escudos gravados (os osos da casa de Osorio, os leóns e castelos da de Enríquez, o de Valcárcel e os roeles dos Castro) . No seu ángulo norte presenta un torreón circular con escaleira de caracol que contribuía a distribución do paso de ronda. Acédese a torre desde o patio de armas.
O castelo foi un dos protagonistas da revolta dos Irmandiños, vasalos oprimidos que se levantaron en armas, e que levaron a Nuno Freire de Andrade "O malo" a fuxir ao castelo de Andrade (Pontedeume). Finalmente os irmandiños serían vencidos.
A primeira gran revolta tivo lugar aquí como resposta os abusos de don Nuno. Baixo o liderado de Roi Xordo a Irmandade Fusquenlla surxida en Pontedeume e Betanzos chega a terras lucenses e diríxense a este castelo para dar morte ao señor feudal que, temoroso do levantamento, xa non se atopaba nel. Tras destruír as súas terras perségueno ata Compostela onde o protexe o arcebispo, que lles presenta batalla na Batalla do Eume onde os irmandiños caen derrotados e segundo algunhas fontes Roi Xordo perde a vida finalizando así o primeiro levantamento.
Foi no segundo levantamento irmandiño cando lograron destruír o castelo aló polo ano 1467
Foi no segundo levantamento irmandiño cando lograron destruír o castelo aló polo ano 1467
A maioría das referencias relativas ao Castelo de Moeche céntranse nas crónicas e testemuños de preitos relativos as Revoltas Irmandiñas, que tiveron lugar no século XV. Estas referencias falan da destrución do castelo a mans dos Irmandiños e das sentenzas de preitos que obrigaban aos derrotados a reconstruílo.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario