O xénero Polistes está formado por unhas 300 especies ás cales se denominan Avespas papeleiras, debido a que os seus niños están construídos con madeira masticada. Na Península Ibérica describíronse 11 especies pertencentes a este xénero.
As Avispas caracterízanse pola súa coloración negra e amarela. Adoitan presentar unha cor de fondo negro con manchas e franxas amarelas, cuxa disposición e deseño axuda a identificar ás diferentes especies. Outra característica típica das avispas é que a base do abdome é moi estreita. Ademais a Polistes nimpha, caracterízase por presentar a parte dorsal das antenas negras e a central avermellada.
Trátase dunha especie depredadora, para o que está dotada dunhas mandíbulas ben desenvolvidas e un aguillón no extremo do abdome, co cal inócula toxinas que paralizan e matan súas presas. Estas son ofrecidas a súas larvas, as cales secretan un líquido doce que consome o adulto, aínda que tamén acode ás flores para libar o nectar.
O seu ciclo vital desenvólvese ao longo da primavera e o verán. A avespa é un insecto social formando colonias compostas por femias fecundas e obreiras, chegando a alcanzar os 50 exemplares. Ao final do verán, nacerán machos e femias que se aparearán, morrendo todos os integrantes da colonia, excepto as femias fecundadas que pasarán o inverno escondidas en oquedades. O seu niño é de celulosa formando celdillas, que quedan adheridas ao substrato por un único pé.
http://www.asturnatura.com/fotografia/fauna-invertebrados/polistes-nimpha/11811.html
http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/de-Polistes-nimpha-a-P-sulcifer-cat17000.html
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario