Loba,(Maniola jurtina)
É unha bolboreta pouco vistosa, amplamente distribuída por todo Europa. É moi frecuente en prados, silveiras e piñeirais. A coloración das ás é algo distinta en función de sexos. Os machos teñen o reverso das ás posteriores de cor gris-amaroado case uniforme e con catro pequenos ocelos negros, e o anverso das ás dos machos é máis escuro que o das femias, mentres que estas mostran dúas zonas claramente delimitadas e non posúen estes minúsculos ocelos. En cambio, o ocelo negro maior con pupila branca no extremo do reverso das ás anteriores é común en ambos os dous sexos. As eirugas son de cor verde, e aliméntanse de distintas gramíneas.
Clase: INSECTA
Orden: LEPIDOPTERA
Familia: NYMPHALIDAE
Xénero: Maniola
Especie: Jurtina
http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Maniola-jurtina-Linnaeus-1758-cat5878.html
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario