Lobo das abellas,(Philanthus triangulum)
Son avespas solitarias predadoras, as súas presas son as abellas melíferas, de alí o nome común, Lobo das abellas.
As femias adultas constrúen túneles baixo terra para aniñar.
Do mesmo xeito que a gran maioría das avispas apoideas as larvas son carnívoras, por iso as nais cazan outros invertebrados, especialmente abellas. Depositan os seus ovos nas presas para que lles sirvan de alimento até completar o desenvolvemento. O adulto toma néctar das flores ou do buche das súas vítimas; o néctar é a súa principal fonte de enerxía para o voo.

A especie máis común en Europa é Philanthus triangulum, que se especializa na abella melífera, polo cal é considerada unha peste polos apicultores. Outras especies de Philanthus especialízanse noutras especies de abellas. Outras son xeneralistas que atacan unha gran variedade de especies de abellas ou doutros himenópteros.
Caracterízanse por inocular ás súas presas nunha zona membranosa da rexión ventral onde o veleno rapidamente paraliza os maiores músculos voluntarios, sen matar á vítima. A presa trata de defenderse picando á súa vez, pero sempre é tomada de tal maneira que só alcanza a parte máis protexida pola armadura de Philanthus. O Lobo das abellas adoita levar a súa presa a un túnel temporario para despois transferila ao seu niño onde deposita un ovo sobre o corpo da vítima.
http://es.wikipedia.org/wiki/Philanthus
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario