Araña de Xardín ou da Cruz,(Araneus Diadematus)
Esta é moi distinta a mesma que amosei nunha entrada anterior, esta confúndese coa Araña pálida, a pesar de ser a mesma a coloración varía moito da amosada anteriormente. A cor destas pode oscilar entre amarelo a gris moi escuro, pero todolos individuos teñen marcas moteadas no dorso con cinco ou máis puntos brancos grandes formando unha cruz.
As patas desta especie (como moitas das especies de arañas construtoras de teas orbiculares) están áltamente especializadas para a vida na telaraña. Un bo exemplo diso é a redución do terceiro par de patas altamente implicado na construción da tea e en envolver en seda ás presas así como no desprazamento pola telaraña.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario