Mexacan, Herva cana, (Senecio vulgaris)
Aproveitase a planta enteira.
Posúe diversos compostos químicos de uso en mediciña, senecionina, resina, inulina, glicosa, e sales de potasio.
Recomendada como: Emenagogo, vasoconstritora, sedante cardíaca.
A planta usouse con éxito en forma de pomada para as hemorroides, pola súa capacidade vasoconstritora.
Nalgúns lugares esta especie consúmese nas ensaladas, pero é desaconsellable seu consumo pola presenza de alcaloides.
As mulleres embarazadas non deben empregala porque exerce unha acción conxestiva do útero. Non deben terse en conta as súas prescricións populares como laxante e colagogo.
(Chama a atención a diversidade de nomes que ten en galego)
http://es.wikipedia.org/wiki/Senecio_vulgaris
http://www.hipernatural.com/es/plthierba_cana.html
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario