Dente de león,(Taraxacum officinale)
É unha planta depurativa, indicada para purificar o organismo de elementos tóxicos. Pode actuar no fígado, ril e a vesícula biliar, e co seu efecto diurético evita a aparición de pedras no ril. Tamén é un tónico dixestivo contra o estrinximento e a resaca de alcol. Para uso tópico é eficaz para limpar a impurezas da pel, acne, urticaria. Estas propiedades son polo seu contido de inulina, acedos fenólicos, sales minerais, entre outras sustancias que achegan beneficios na pel. Nalgúns períodos de escaseza, a raíz seca utilizouse como substituto da chicoria, que á súa vez era substituto do café.
A compañía Amalgamated Bio-food preparou 12 das súas plantas de etanol para a produción de combustible feito con dente de león. Para logralo, mesturaron a flor con gasolina. Os científicos din que este substituto será mesmo máis eficiente que o etanol.
É unha das principais especies de flora de interese apícola nas pradarías, as abellas visitan as súas flores indefectiblemente, entregando moi boa cantidade de néctar e pole.
- En fitoterapia úsase tamén os principios activos puros mediante infusións ou decoctos, principalmente para inapetencia, indixestión e disturbios hepáticos.
- Nas artes culinarias de países do Mediterráneo é apreciada a ensalada primaveral depurativa feita xa sexa só coas follas de taraxacum ou mesturada con outras verduras .
- Tamén os pétalos das flores poden contribuír a dar sabor e cor a ensaladas mixtas. Os botóns das flores son apreciados se se preparan con aceite de oliva. As flores tamén se poden preparar en pastel e mesmo fritas (refogadas).
- Os brotes basales pódense consumir ao natural ou con aceite de oliva extravirxen ou salteados nunha tixola con allo.
- En moitas rexións de Europa preparábase unha marmelada de flores de taraxacum do seguinte xeito:
Ferver en cacerola aberta durante aproximadamente 20 minutos; filtrar e manter o líquido; engadir 1 kg de azucre; ferver en cacerola aberta até obter a densidade desexada; verter (fervente) o líquido obtido, espeso, en vasos ben limpos (esterilizados) e pechalos hermeticamente.
http://es.wikipedia.org/wiki/Taraxacum_officinale
http://plantas.facilisimo.com/reportajes/aromaticas-y-medicinales/diente-de-leon-magia-sanadora-y-creencia-popular_184026.html
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario