Tordo ou Zorzal común,(Turdus philomelos)
Cando un Zorzal Común brinca sobre o céspede e inclina a cabeza cara a un lado non está a escoitar a axitación dos vermes na terra, aos que certamente é afeccionado, senón que está a buscar alimento e inclina a cabeza por que os seus ollos son laterais.
Os caracois, xunto coas lombrigas, son a comida favorita deste zorzal, que utiliza unha e outra vez a mesma pedra como yunque para romper as cunchas daqueles.
O seu canto é repetición dunha fase clara, impedindo con iso a confusión co canto do Zorzal Charlo ou do Merlo Común. Pódese ouvir case en calquera mes do ano; empeza a cantar en xaneiro, a menos que o tempo sexa moi cru, e continúa até xullo. Máis tarde, en setembro, comeza de novo e en outubro e novembro canta case tan forte como na primaveira.
En España aniña soamente en case toda a franxa norte do país e localmente en puntos próximos a ela. É unha ave en exceso abundante nos pasos de primavera e outono, pero particularmente no inverno, cando se agrupa en formidables bandos con outros zorzales
0 comentarios:
Publicar un comentario