Formiga león,(Myrmeleon formicarius)
A chamadas "formiga león" non son formigas, (obviamente tampouco son leóns) senón neurópteros da familia Myrmeleontidae. Externamente lembran ás libélulas, aínda que o seu voo é moito máis feble (en canto sopra un pouco de brisa corren a aferrarse a algún talo para evitar ser arrastradas polo vento) e teñen unhas antenas moito máis desenvolvidas, de lonxitude aproximadamente igual á da cabeza e o tórax xuntos.
As súas larvas son animais de aspecto estraño, armadas con dous grandes e afiadas mandíbulas de aspecto ameazador, que viven enterradas no fondo duns foxos de forma cónica que escavan na area ou o po que se acumula en lugares resgardados. Estas depresións actúan como trampas para atrapar pequenos insectos,frecuentemente formigas que corretean polo chan e que escorregan polo bordo destas trampas até a larva que espera no fondo da boa conta delas.
Neste video ollaredes o comportamento da larva
0 comentarios:
Publicar un comentario