Lycosidae sp
Lycosidae son unha familia de arañas araneomorfas entre cuxos membros se encontran as que en Europa se chaman tarántulas.
Lycos é palabra grega que significa lobo e en moitos idiomas, como o inglés, adoptouse a expresión "arañas lobo" como tradución de Lycosidae. En realidade, segundo é regra estendida, o nome da familia deriva do dun dos seus xéneros, Lycosa. As arañas máis grandes de Europa encádranse nesta familia, que tamén inclúe membros de poucos milímetros de lonxitude.
Son arañas que vagan no chan, escavando pequenas galerías verticais ou ocupando gretas naturais dende as que axexan as súas presas, cuxa presenza detectan polas vibracións do chan.
http://es.wikipedia.org/wiki/Lycosidae
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario