Fundado sobre o ano 1145, polo Conde Pedro de Osorio, este mosteiro situado en Ares pasou anos máis tarde a estar baixo a protección da casa dos Andrade. O mosteiro sufriu moitos cambios respecto ao orixinal e foi despois da desamortización de 1837 cando os monxes franciscanos abandonaron o recinto e este pasou ás mans do exército, que estableceu alí unha dotación permanente debido ao estratéxico do lugar.
Conta a historia que no lugar onde foi levantado o edificio existía un altar ao sol de orixe romano ou anterior. No xardín de entrada encóntranse, como adornos dispersos, algunhas pedras que se poden ver no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón da Coruña, porque o edificio que vemos agora é froito dunha profunda reconstrución que tivo lugar no século XVII.
É interesante o claustro renacentista, no que hai unha fonte gótica cun xabaril, símbolo dos Andrade, e no muro interior tres arcos góticos, estrañamente salvados da construción primitiva, que serven de entrada á sala de oficiais. Na capela maior da igrexa é digno de admirar un interesante retablo churrigueresco.
http://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_Santa_Catalina_%28Montefaro%29
http://www.clubrural.com/pueblos/a-coruna/ares/sitios-interes/monasterio-santa-catalina-de-montefaro_7844
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario