Enterrador,(Necrophorus vespilloides)
Os enterradores aliméntanse de carne en descomposición. Pero o curioso é o seu comportamento ante os cadáveres de pequenas dimensións. Nestas ocasións, os enterradores, xeralmente macho e femia, apresúranse a escavar o terreo debaixo do cadáver, apartan a terra cun coidado incrible e, pouco a pouco, o corpo do animal vaise afundindo no chan.
Cando está totalmente enterrado, sacian o seu apetito e despois depositan os ovos sobre a prea. Dela alimentaranse as larvas cando nazan.
Cando está totalmente enterrado, sacian o seu apetito e despois depositan os ovos sobre a prea. Dela alimentaranse as larvas cando nazan.
O Enterrador adoita a estar parasitado polo ácaro Poecilochirus carabi, que se alimenta de ovos e larvas de moscas e é transportado dunha fonte de alimento a outra por este. Fixéronse estudos que demostran que os ácaros tamén consumen os ovos do Enterrador, o que ten efectos moi negativos e directos para a reprodución desta especie de escaravello.
http://herramientas.educa.madrid.org/animalandia/ficha.php?id=610
http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Nicrophorus-vespilloides-Herbst-1783-cat22449.html
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario